Ola a todos!
Dende a Asociación MusicARTE queremos facervos partícipes dunha boa nova: Acaba de ser publicado o novo traballo producido pola asociación, o libro-disco "Once máis 15", editado por Edicións do Cumio (http://www.cumio.com/).
A relación entre a poesía e a música é evidente (non só na música galega). "Once máis 15" trata de rachar tódolos estereotipos ó redor da musicalización de poemas. Música de autor, pop, electrónica, rock... ¿alguén da máis? Algúns dos músicos máis representativos da actual escea musical galega e outros que claramente representan o futuro da nosa música musican a algúns dos poetas máis representativos da poesía galega pasada e presente. 15 músicos, 11 poetas.
Dentro de moi pouco, comezaremos a presentar este traballo en directo. Imos facer ruido. Moito ruido...
Set-list do disco:

1- Zimmer103 - Se has de chorar (poeta: Alfonso Pexegueiro)2- Miguel Alonso - Nos ollos teus (poeta: Álvaro Cunqueiro)3- Ataque Escampe (Galegoz Remix) - Ningún lugar seguro (poeta: Antón Lopo)4- Miguel A. Suárez - Longa noite de pedra (poeta: Celso Emilio Ferreiro)5- Xurxo Mares - Non (poeta: Celso Emilio Ferreiro)6- Fanny e Alexander - Autopoética in progress (poeta: Daniel Salgado)7- Anxo Rei - Cantarche hei amiga (poeta: Darío Xohán Cabana)8- Roberto Sobrado e banda - A dama que fala (poeta: Grupo de Comunicación Poética Rompente)9- Snail - Cunetas (poeta: Luis Pimentel)10- Meiga do Norte - Ai! (poeta: Curros Enríquez)11- Julian Ross - A Rosalía de Castro (poeta: Curros Enríquez)12- David Taboada - Outono (poeta: Manuel María)13- Elanor - Canción para cantar todos os días (poeta: Manuel María)14- Fucoxabier - Cantan os galos pro día (poeta: Rosalía de Castro)15- Nao - A xustiza pola man (poeta: Rosalía de Castro)
Podes compralo xa en http://www.cumio.com/ ó prezo de 15 euros. Nuns días (aproximadamente o 6 de xullo) estará xa dispoñible en tendas. Agardamos que vos guste!!